Publicador de contidos

Publicador de contidos

Únense sete barrios da Coruña para esixir seguridade e máis policía

Únense sete barrios da Coruña para esixir seguridade e máis policía

Denuncian roubos, atracos e venda de drogas polo miúdo a calquera hora do día

G24.gal 18/08/2023 14:45

Din que a unión fai forza... e por iso os veciños de sete barrios da Coruña decidiron xuntarse para esixir máis seguridade e vixilancia policial.

Denuncian roubos nos coches tras romper as ventás. Tamén roubos de combustible. No barrio do Martinete, por exemplo, din que os atracos están á orde do día, sobre todo, ás persoas maiores.

Novo Mesoiro, o polígono de Someso, Matogrande, o barrio das Flores, Elviña e Orzán son as outras zonas que denuncian os mesmos problemas. Amais din convivir tamén coa venda de drogas polo miúdo.

A falta de limpeza e de iluminación son outras das súas queixas. Aseguran que, nalgunhas zonas, viven rodeados de maleza. E que os xabaríns xa os visitaron en varias ocasións.

Por todo isto contan que día tras día viven co medo no corpo. Fartos da situación, están a recoller sinaturas. Queren recuperar a tranquilidade e seguridade das que gozaban tempo atrás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade