Publicador de contidos

Publicador de contidos

Samuel Kwesi asinou no Canadá un documento ratificando a versión do patrón, segundo 'Faro de Vigo'

Samuel Kwesi asinou no Canadá un documento ratificando a versión do patrón, segundo 'Faro de Vigo'

A 'Protesta de mar' está asinada polos tres superviventes, o cónsul de España no Canadá e un notario en St. Jonhs

Samuel Kwesi cambiou a declaración ao chegar a España

Kevin, o fillo do maquinista, pídelle ao patrón que diga a verdade

Marta González Salve 11/03/2022 14:07

Pouco a pouco van coñecéndose novas informacións sobre o naufraxio do Villa de Pitanxo.

Segundo pública o diario 'Faro de Vigo', Samuel Kwesi, o terceiro supervivente xunto ao patrón, Juan Padín, e o seu sobriño, Eduardo Rial, asinaría tras chegar ao porto de St Jons ante o cónsul de España no Canadá e ante notario un documento denominado 'Protesta de mar' en que só aparece a versión do sucedido dada polo patrón. Versión que tanto Juan Padín como Eduardo Rial mantiveron nas súas declaracións xa en Galicia.

Un relato que Samuel cambia na súa declaración ante a Garda Civil, en que detalla posibles neglixencias do capitán, tanto no momento do naufraxio como en días previos.

Ante toda a incerteza e supostas contradicións nas declaracións Kevin, fillo dun dos mariñeiros desaparecidos, fai un chamamento ao patrón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade