Un xabaril, de marcha nocturna polo mesmo centro de Ourense
Pululou polo parque de San Lázaro e pola rúa do Paseo
Varias patrullas da policía nacional e local intentaron capturar ao porco bravo
Finalmente escorrentáronno para os arrabaldes da cidade
Non é raro que os xabarís se deixen ver polos núcleos urbanos. Pero, polas imaxes que nos chegan de Ourense, poucas veces se achegaron tanto ao centro da cidade.
Así tan pancho andou o xabaril polo céntrico parque de San Lázaro. Foi unha das que o viu en directo e gravou un dos vídeos que se fixo viral. Hoxe, asiduos a este parque, non daban creto nin vendo os vídeos.
Saíu de marcha e despois de compras pola principal rúa das tendas de Ourense, a rúa do Paseo. Cada quen imaxina que facer se o ve.
Non é a primeira vez que se ven xabarís pola cidade de Ourense, pero nunca deran un paseo polo mesmo centro. Numerosas patrullas da Policía Local e da Policía Nacional tentaron capturar o xabaril sen éxito ata que se foi agochar a un aparcadoiro.
Finalmente os axentes foron escoltando o porco bravo ata que conseguiron escorrentalo para os arrabaldes da cidade. O periplo nocturno doutro xabaril urbanita.