Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un xabaril á carreira arremete contra dous mozos no centro de Carballo de madrugada

Un xabaril á carreira arremete contra dous mozos no centro de Carballo de madrugada

O mesmo sábado pola tarde un coche atropelou outro exemplar na coñecida como recta de Rus, á entrada de Carballo

O vídeo do xabaril correndo polas rúas do centro de Carballo fíxose viral
G24.gal 16/01/2023 13:29

O vídeo dun xabaril correndo polo centro de Carballo na madrugada do sábado e que case arremete contra dous mozos que ían andando pola rúa reabriu o debate sobre a superpoboación desta especie e o perigo que pode supoñer cando saen do seu hábitat. O mesmo sábado pola tarde un coche atropelou outro exemplar na coñecida como recta de Rus, á entrada de Carballo.

A secuencia foi gravada no centro de Carballo na madrugada do sábado. Trátase dun xabaril macho duns 100 quilos. Ameazou con arremeter contra os dous mozos que atopou na súa carreira. Varias chamadas alertaron os servizos de emerxencias, pero cando chegaron xa non o localizaron.

Por iso, en caso de atoparse nunha situación similar,aconsellan prudencia, porque nesta época ademais os porcos bravos están en celo e poden ser perigosos, como explica Xabier Souto o Coordinador de Emerxencias e Protección Civil de Carballo

Cada vez son máis frecuentes as incursións urbanas dos xabarís por un motivo ben sinxelo: a busca de alimento fácil que atopan nos colectores do lixo.

Pero moitas veces convértense nun problema para a seguridade viaria porque provocan accidentes.  Xabier Souto, o coordinador de Emerxencias e Protección Civil de Carballo, asegura que cada ano se producen en todo o país unhas 11.000 incidencias por culpa de animais salvaxes.
O mesmo sábado pola tarde un exemplar foi atropelado por un coche na recta de Rus, á entrada de Carballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade