Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un veciño de Estepona de 37 anos ingresa no cárcere por mollar con gasolina a súa muller e a filla

Un veciño de Estepona de 37 anos ingresa no cárcere por mollar con gasolina a súa muller e a filla

O detido tentou acabar coa vida da súa parella e a nena despois de coñecer as intencións da muller de poñer fin a unha relación de dous anos

As afectadas, que puideron abandonar a vivenda antes de ser alcanzadas polo lume, foron acompañadas polos axentes a un centro médico, para posteriormente presentar a denuncia e seren trasladadas a unha casa de acollida

G24.gal 23/10/2023 13:03

Un veciño de Estepona de 37 anos ingresou en prisión tras mollar con gasolina a súa parella, que tiña intención de romper a relación sentimental con el, e prender lume á vivenda coa muller e a filla desta, menor de idade, dentro, que saíron ilesas.

Segundo informou este luns a Policía Nacional, o detido tentou acabar coa vida da súa parella e a nena despois de coñecer as intencións da muller de poñer fin a unha relación de dous anos. Así, tras empapalas de combustible e verter a mesma substancia dentro do domicilio con elas dentro, o investigado lanzou unha cabicha que prendeu lume, aínda que as vítimas lograron escapar ilesas do inmoble e foron auxiliadas no exterior polos veciños e os policías presentes na zona.

Foi unha chamada ao 091 da Policía Nacional a que alertou dun episodio de violencia machista na localidade malagueña de Estepona, ata onde se desprazaron axentes do Grupo de Atención ao Cidadán, que ao chegar localizaron dúas mulleres, que resultaron ser nai e filla, empapadas con gasolina no exterior do seu domicilio.

As afectadas, que puideron abandonar a vivenda antes de ser alcanzadas polo lume, foron acompañadas polos axentes a un centro médico, para posteriormente presentar a denuncia e ser trasladadas a unha casa de acollida. O investigado, con numerosos antecedentes por feitos similares, foi posto a disposición do xuíz como presunto responsable dun delito de malos tratos no ámbito familiar e decretouse o seu ingreso en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade