O temporal deixa dous desaparecidos en Cataluña e máis de cen persoas rescatadas
Un desprendemento obrigou a evacuar numeros excursionistas, os pasaxeiros do funicular de Montserrat e os dun tren en Barcelona
As operacións no aeroporto do Prat estiveron interrompidas
Foto: Bombeiros da Generalitat de Cataluña
Os Bombeiros da Generalitat buscan dúas persoas que foron arrastradas pola auga dentro so seu coche en Sant Quintí de Mediona (Barcelona). Sobre as seis e media da tarde unha testemuña avisou os servizos de emerxencia de que un coche estaba a ser levado pola enchente. Os bombeiros desprazaron dezanove dotacións de efectivos, que localizaron á primeira hora da noite o coche pero se ninguén no seu interior.
O dispositivo de busca intégrano tamén submarinistas e especialistas en rescate con drons e cans. Ata a chegada da noite, na zona traballouse tamén cun helicóptero.
A forte tromba de auga que caeu en toda Cataluña central, con máis de 100 litros por metro cadrado en Montserrat, provocou ao longo da tarde numerosas incidencias nas estradas e vías do tren e obrigou os bombeiros a rescatar varios grupos de excursionistas na montaña.
Os servizos de emerxencia tiveron que realizar tamén a evacuación dunha cincuentena de persoas que viaxaban nun tren da liña R5, parado en Castellbell i o Vilar pola caída dunha árbore sobre a catenaria. Este incidente obrigou a activar a alerta do plan Ferrocat para rescatar os pasaxeiros, entre os que había menores.
A Castellbell i el Vilar, 7 dotacions #Bomberscat treballem per retirar els arbres i deixar pas al tren aturat (avís 17.27 h). A causa de les condicions meteorològiques, es considera millor opció que fer baixar els passatgers, unes 50 persones entre les quals hi ha nens i nadons pic.twitter.com/o8PKXDKGkX
— Bombers (@bomberscat) September 21, 2025
Outras 27 persoas quedaron atrapadas no funicular de Sant Joan, que se viu inutilizado parcialmente por un desprendemento de terra. Os bombeiros están realizando o rescate polo camiño do miradoiro porque non se pode chegar a eles por outra vía. Non hai viaxeiros feridos.
En total, os servizos de emerxencia traballaron nuns sesenta servizos este domingo pola tarde, os máis relevantes na contorna de Montserrat.
A tormenta alterou o tráfico aéreo
A actividade no aeroporto do Prat estivo interrompida e afectoulles a uns 200 voos. A consecuencia do temporal canceláronse máis dunha ducia de voos e hai atrasos en moitos outros.
Agárdanse unha nova fronte de tormentas
Segundo alertaron os Bombeiros da Generalitat, unha nova fronte afectará nas próximas horas ao noroeste de Cataluña. Meteocat informa de que ata medianoite hai posibilidade de superar os 40 litros por metro cadrado en media hora e as precipitacións iranse desprazando do oeste ao leste.
Els xàfecs són d'intensitat forta o localment torrencial. Ja s'han acumulat més de 100 mm a:
— Meteocat (@meteocat) September 21, 2025
- Montserrat-St. Dimes (a 916 m), al Bages: 115 mm
- Rellinars, al Vallès Occidental: 108 mm
I atenció perquè una nova línia de tempestes apunta cap al massís de Montserrat⚠ pic.twitter.com/99mMVcL9OY
Protección Civil fixo un chamamento á precaución na mobilidade e nas actividades ao aire libre, Recoméndase evitar desprazamentos en vehículos e non estacionar en puntos subterráneos inundables.