Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan o roubo dunha bobina de cable de cobre de 250 quilos en Oleiros

Investigan o roubo dunha bobina de cable de cobre de 250 quilos en Oleiros

Os ladróns aproveitaron a media hora que os electricistas municipais tiveron que ausentarse da zona

O botín ascende a máis de seis mil euros

G24.gal 07/11/2025 13:44

O escenario do roubo foi a avenida Jiménez Herrero, na parroquia oleirense de Dexo, e o botín, unha bobina de cable de cobre de 250 quilos, valorada en algo máis de seis mil euros.

Foi entre as once e as once e media da mañá deste mércores. Trinta minutos lles bastaron aos ladróns. Foi o tempo que dous electricistas tiveron que abandonar esta zona, onde estaban substituíndo os cables da iluminación pública, para atender unha avaría noutro punto do concello de Oleiros.

"Non sei se foi planificado ou non, pero ao mellor ata provocaron a avaría noutro sitio para poder roubar aquí". "Por aquí pasan moitos chatarreiros".

Sexa como sexa, o suceso deixou abraiados os veciños. 

O Concello solicita colaboración cidadá por se algunha persoa pode achegar datos que axuden a esclarecer o acontecido. Entrementres, a Garda Civil e a Policía Local investigan para tratar de dar co paradoiro dos delincuentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade