Empeza o xuízo contra os pais que mantiñan illados os seus tres fillos en Oviedo
O Fiscal e a acusación particular do principado de Asturias piden 25 anos e catro meses de cadea para a parella por detención ilegal e abandono
A defensa pide a absolución porque os coidaban de forma "extravagante" pero non penal
En abril do ano pasado, unha veciña deste lugar próximo a Oviedo alertou a policia de que sentía voces de nenos aos que nunca vía. Iso levou a descubrir o illamento no que vivían tres menores, dous xemelgos de oito anos e o seu irmán de dez, desde que os seus pais, un alemán de 54 anos e a súa muller, unha estadounidense de 49, se asentaran nun chalé desta zona catro anos antes.
A vivenda chegou a describirse como "casa dos horrores" polas condicións de insalubridade, a falta de escolarización e a desnutrición que supostamente padecían os pequenos. Os tres pasaron daquela a depender dos servizos sociais e os seus pais entraron en prisión.
Este martes, empeza o xuízo a porta pechada contra eles na Audiencia de Oviedo. A Fiscalía e a acusación particular promovida polo Goberno do Principado piden para a parella unha pena de máis de 25 anos de cadea polos delitos de violencia psíquica habitual, detención ilegal e abandono de familia. Pero os avogados defensores van presentar unha perspectiva moi distinta, segundo avanzaron ante do comenzo da vista.
Non hai ningunha "casa dos horrores", iso non existe. Aquí o que houvbo foi un illamento voluntario dunha familia, que non abandonou aos seus fillos senon todo o contrario. O fixo foi volcarse nos fillos dunha maneira que podemos chamar extravagante ou heterodoxa.
Manteñen que o caso nunca debeu chegar á vía penal e piden a absolución dos pais para que a partir de aí se poida traballar con eles e logren recuperar a custodia dos fillos e a reunificación familiar.
Javier Muñoz, avogado da nai, e Elena González, avogada do pai