Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un veciño de Cangas recupera a súa carteira con máis de 600 euros dentro

Un veciño de Cangas recupera a súa carteira con máis de 600 euros dentro

Un acto de honradez dunha veciña axudoulle a recuperala

G24.gal 21/07/2022 17:05

Un veciño de Cangas, pensionista, perdeu a súa carteira con documentación e con 625 euros no interior, a paga da pensión que recibe por unha incapacidade.

Atopouna a propietaria dun establecemento comercial nas inmediacións da zona peonil do Calvario aquí, en Vigo, e a muller non dubidou en entregala na Policía Nacional.

Os axentes localizaron o pai do propietario da carteira, quen confirmou que o seu fillo a perdera en Vigo. Cando a recolleu en dependencias da Policía Nacional, o dono da carteira amosou o seu agradecemento á persoa que a atopou e recoñeceu o seu xesto de honradez que lle permitiu recuperar a totalidade dos cartos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos