Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparece o cadro de Sorolla que unha familia esqueceu nunha beirarrúa de Sevilla

Aparece o cadro de Sorolla que unha familia esqueceu nunha beirarrúa de Sevilla

Collérao un home ao que lle chamou a atención o marco

G24.gal 01/07/2026 16:59

A Andrés Hurtado chamoulle a atención o marco do cadro cando paseaba por esta rúa durante as súas vacacións en Sevilla. Ese foi o motivo polo que decidiu levalo á súa casa a Murcia. Horas máis tarde avisou a policía ao decatarse a través da intelixencia artificial do valor da obra, un cadro do mestre da pintura española Joaquín Sorolla.

O cadro pertence a unha familia de Sevilla que o deixou esquecido na beirarrúa cando cargaba a equipaxe no coche para marchar de vacacións. Ao chegar ao destino botárono en falta e regresaron, pero a obra xa non estaba.

Non é a primeira vez que unha obra de arte desaparece durante un traslado.

O ano pasado un cadro de Picasso esfumouse cando viaxaba desde Madrid a unha exposición en Granada. Unha veciña collérao pensando que era un paquete abandonado. Ao ver as noticias, avisou a policía.

Máis misterioso segue sendo o caso da escultura de Richard Serra de 38 toneladas. A peza desapareceu de Madrid  durante un traslado, e nunca se soubo do seu paradoiro. O caso do Sorolla en Sevilla, por sorte, forma parte dese reducido número de historias con final feliz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade