Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un veciño de Cambre sofre o ataque das velutinas cando limpaba a maleza

Un veciño de Cambre sofre o ataque das velutinas cando limpaba a maleza

Tiña seis picadas na cabeza, que lle causaron moita dor, pero afortunadamente recuperouse axiña

G24.gal 17/07/2025 14:10

Lino estaba a limpar as silvas e os fieitos neste muro a carón da súa casa, no municipio de Cambre, cando se produciu o ataque das velutinas. 

"Pareceume que pasaba unha, pero de repente viñeron en tromba non sei as que eran, pero picáronme mínimo seis. Dáche dor e unha cousa coma calor, como queimado, como se ardera".

A pesar da dor, Lino conservou a calma e foi ao centro de saúde, onde lle deron un tratamento. "Déronme unhas pastillas e unha crema porque tiña bastante dor, ademais estaba dunha cor azulada".

Agora, xa recuperado e co niño inactivo, conta que no momento do ataque levaba a cabeza e o torso descubertos mentres limpaba a maleza. E isto é especialmente perigoso. 

De feito, para evitar situacións de risco, recomendan reducir o máximo posible as zonas do corpo expostas. Tamén é importante facer unha inspección visual, aínda que moitas veces, coma neste caso, os niños están agochados. 

Ademais, sempre é mellor ir acompañado e, se non é posible, aconsellan ter un teléfono á man.

A precaución é fundamental porque, aínda que Lino logrou recuperarse do ataque das velutinas, situacións coma esta remataron, noutras ocasións, cun final tráxico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade