Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un veciño de Portomarín é o encargado de darlle corda ao reloxo do concello

Un veciño de Portomarín é o encargado de darlle corda ao reloxo do concello

Manuel Enríquez compaxiña o seu traballo como taxista co seu encargo como reloxeiro.

Dálle corda manualmente cada dous ou tres días.

G24.gal 11/11/2021 20:17

Os reloxos guían o noso día a día, pero tras estes aparellos tamén se agochan historias. É o caso do reloxo que preside o concello de Portomarín. Trátase dun reloxo antigo que funciona de xeito manual e para atendelo tocou botar man dun veciño comprometido. Foi o alcalde de Portomarín o que escolleu a Manuel Enríquez para darlle corda ao reloxo e leva xa 10 anos.

Manuel compaxina o seu traballo como taxista con este particular encargo. Realiza no reloxo labores de mantemento, como engraxar e limpar as súas pezas, e o máis importante: que non deixe de marcar as horas. Cada poucos días non se esquece de subir e darlle corda cunha manivela. Faino cada dous ou tres días e sinala que como moito podería estar seis días sen darlle.

Manuel di con orgullo que nesta década como encargado o reloxo non parou ningún día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar