Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un tremor de magnitude 4,8 sacode Nova Jersey e a cidade de Nova York

Un tremor de magnitude 4,8 sacode Nova Jersey e a cidade de Nova York

Os bombeiros indican que non se rexistraron "maiores incidentes", pero as autoridades seguen "monitoreando" a zona

G24.gal 05/04/2024 18:48 Última actualización 05/04/2024 20:13

Un tremor de magnitude 4,8 sacudiu os estados de Nova York e Nova Jersey este venres, segundo o centro xeolóxico dos Estados Unidos. A axencia informou dun tremor cunha magnitude preliminar de 4,8 con epicentro preto de Lebanon, Nova Jersey, a uns 75 quilómetros ao oeste de Nova York.

O tremor, que durou varios segundos, puido sentirse desde Brooklyn ata o Bronx ou Manhattan. A gobernadora de Nova York, Kathy Hochul, explicou en redes sociais que o tremor "sacudiu o oeste de Manhattan e sentiuse en toda Nova York".

"O meu equipo está a avaliar os impactos e calquera dano que poida acontecer, e actualizaremos a información ao público ao longo do día", engadiu a gobernadora.

O Departamento de Bombeiros da cidade de Nova York dixo que non se rexistraron "maiores incidentes" e que as autoridades seguen "monitoreando" a cidade. Pola súa banda, o equipo da Alcaldía de Nova York, indicou nas redes sociais que polo momento non dispoñen de ningún informe de impactos e que aínda están a avaliar a situación.

"En caso dunha réplica, tírese ao chan, cubra a cabeza e o pescozo e colóquese debaixo dun moble sólido, xunto a unha parede interior ou nunha porta", advirte o vicealcalde de comunicacións, Fabien Levy.

Nas redes sociais foron moitos os residentes de Nova York e Nova Jersey que indicaron sentir o tremor por uns segundos. Trátase dunha zona con pouca actividade sísmica e hai que botar a vista atrás ao ano 1973 para identificar un tremor parecido.

O tremor notouse tamén en Pensilvania, Connecticut e Maryland. O impacto máis notable é que os aeroportos de Newark e JFK detiveron as operacións para comprobar que as pistas estivesen ben.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade