Cargando resultados...
Aviso amarelo por risco de tormentas con saraiba en Asturias, Lugo e Ourense
Activado un aviso por temperaturas moi altas en 25 provincias españolas

G24.gal
21/05/2022 08:31
Un total de 25 provincias poderían alcanzar os 40 graos centígrados este sábado, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). Ademais, hai aviso amarelo por risco de tormentas, acompañadas de saraiba, en Asturias, Lugo e Ourense.
O aviso por calor activouse nas provincias de Córdoba, Almería, Xaén, Granada, Sevilla, Ourense, Zamora, Ávila, A Rioxa, Guipúscoa, Navarra, Huesca, Zaragoza, Teruel, Xirona, Lleida, Barcelona, Ciudad Real, Cuenca, Toledo, Madrid e Badaxoz.
Ademais, Cádiz terá risco por fenómenos costeiros, xa que soprará vento de Levante forte, con forza 7 e mesmo ocasionalmente con forza 8.