Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un tenda de Pontevedra tira de humor para vender reloxos á conta de Shakira e Piqué

Un tenda de Pontevedra tira de humor para vender reloxos á conta de Shakira e Piqué

A xoiería presume de vender os reloxos da marca xaponesa da que fala a cantante na canción que lle dedica á súa exparella

G24.gal 16/01/2023 16:28

A nova canción de Shakira non para de soar, e hai quen aproveita para facer promoción tirando de humor. É o caso dunha xoiería de Pontevedra, que presume de vender os reloxos da marca xaponesa da que fala a cantante.

A marca non desaproveita a oportunidade dos dardos que Shakira manda á súa exparella Piqué e á súa actual moza. Estes reloxos xa contan cun 60 por cento máis de seguidores. 

Piqué entra no xogo e a marca encantada de que o "sal pique" a polémica. Algo que tamén aproveitou unha xoiería de Pontevedra. Todo o escaparate dedicado á marca.

Aumentan as vendas destes reloxos, sobre todo nos modelos clásicos. 

Choven as reproducións da canción, e choven cartos non só para Shakira. Unha canción que se converteu nun éxito viral en todo o mundo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar