Cargando resultados...
Un teléfono prestará asistencia 24 horas ao persoal de enfermería vítima de agresións
Trátase dun proxecto piloto do Consello Xeral de Enfermería que se probará en Ourense, Navarra e Almería
G24.gal
28/02/2023 14:39
Unha de cada tres enfermeiras recoñecen ter sufrido algún tipo de agresión no último ano pero tan só 8 por cento chegan a denunciarse. Un trámite, din dende o colectivo, necesario par dar visibilidade ao problema e buscarlle solucións.
Dentro do Plan integral contra as agresións deseñado polo Consello Xeral de Enfermería porase en marcha un teléfono de asistencia 24 horas no que o persoal recibirá tanto apoio xurídico como psicolóxico. Probarase de xeito experimentar en Ourense, Navarra e Almería.