Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un raio impacta de cheo nunha casa da Illa de Arousa

Un raio impacta de cheo nunha casa da Illa de Arousa

Entrou pola cheminea e a partir de aí moveuse por todo o interior da casa

G24.gal 02/02/2026 16:59 Última actualización 02/02/2026 17:06

A Luis, un veciño da Illa de Arousa, salvouno a porta de entrada da súa casa. Un raio impactaba de cheo na vivenda onde reside cos seus pais. Entrou pola cheminea e a partir de aí moveuse por todo o interior da casa, deixando estragado todo o sistema eléctrico.

Completamente estragada quedou esta vivenda da Illa de Arousa despois de que un raio impactara contra a casa. Todo pasou moi á presa.

O raio caeu á primeira hora da tarde deste venres, golpeando con forza a cheminea da casa, que acabou no chan xunto con parte da cuberta. A partir de aí, no interior moveuse por practicamente toda as estancias. Pero a peor parte levouna a cociña.

Luis estaba no interior da vivenda coa súa nai e dispoñíase a saír cando a forza eléctrica impactou contra o contador situado na entrada. Foi a porta a que nese momento o protexeu e impediu que o susto fose maior.

Na casa son moitos os danos ocasionados, pero a pegada do raio tamén se deixou sentir nos arredores da vivenda e mesmo algún veciño sufriu o corte de luz. Agora están pendentes da avaliación dos danos, e mentres teñen que pasar este días na casa dun familiar.

A porta da entrada da casa fixo de protección e conseguiu evitar un mal maior, pero hoxe, tres días despois, aínda seguen co susto no corpo e agardando unha solución para poder volver á súa vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade