Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un raio bate contra unha casa de Xermade e causa importantes danos materiais

Un raio bate contra unha casa de Xermade e causa importantes danos materiais

No momento do suceso só había dentro unha persoa, que non quedou ferida, pero si levou un gran susto e pequenas cambras

G24.gal 14/06/2023 16:15

Aínda co susto no corpo, Eliany lembra o forte estrondo que escoitou cando un raio caeu no soportal da casa lindeira co seu apartamento no lugar da Costa, na parroquia de Lousada, en Xermade.

Quedou tan paralizada que non foi ata que chegaron a súa parella e outro amigo cando se decataron do alcance real do sucedido. 

Unha arqueta da luz rebentada, todo o chan do salón levantado e buratos en varios puntos do patio exterior. Foron algúns dos impresionantes danos que causou o raio. 

Danos materias aos que se suman os ocasionados no sistema eléctrico e que agora os ten sen luz nin auga, xa que a carga eléctrica se expandiu pola malla metálica do patio exterior ata os postes eléctricos.

Tras o susto inicial, agora están pendentes de que o seguro mande o perito para avaliar e comezar a reparar os danos, xa que a parte máis afectada da vivenda é unha que estaban rematando de preparar para alugueiro turístico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade