Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia rexistrou máis de 1.300 raios nunha madrugada de treboadas sen grandes incidencias

Galicia rexistrou máis de 1.300 raios nunha madrugada de treboadas sen grandes incidencias

As treboadas deixaron pedrazo en moitos puntos de Galicia
G24.gal 11/06/2025 08:27

En Galicia, as treboadas deixáronse sentir a pasada madrugada en varias zonas, aínda que con menos intensidade do previsto e sen grandes incidencias. En lugares como O Rosal houbo tormentas que descargaron pedrazo, ocasionando algunhas desfeitas. En Galicia rexistráronse 1.300 raios en terra, segundo datos de Meteogalicia.

No que vai de xornada, a temperatura mínima rexistrouse nas Neves (Pontevedra), que descendeu ata os 13,4 graos ás 08.20 horas desta mañá, mentres que distintas localidades de Ourense e de Lugo viviron unha noite cálida, con Larouco, en Ourense, con 27,2 graos ás 03.30 horas ou Vilamartín de Valdeorras, con 26,6 graos ás 04.30 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade