Publicador de contidos

Publicador de contidos

Espectacular treboada no Baixo Miño

Espectacular treboada no Baixo Miño

As bólas de pedrazo acadaron os 4 centímetros e provocaron diversos danos

G24.gal 11/06/2025 13:35

Espectacular treboada esta madrugada na costa do Baixo Miño. Os lóstregos reflectían no mar, pero ademais nun cuarto de hora unha feroz sarabiada descargou bolas de pedrazo de case catro centímetros de diámetro durante quince minutos.

Como pelotas de pimpón ou pedras de xeo, así describen os veciños o groso da espectacular treboada vivida nas primeiras horas desta xornada sobre todo na costa dos concellos de Santa María de Oia e O Rosal.

O pedrazo furou chapas de vehículos, desaugadoiros, mobiliario de xardín e mesmo vexetación. Na zona non lembran nada igual en cincuenta anos. Moitos espertaron co ruído da lostregada que semellaba unha mascletá e mesmo reflectía na auga. Pero o peor foron as pedras de xeo que caeron sen parar durante quince minutos.

As zonas máis afectadas son todo o litoral de Santa María de Oia e a costa rosaleira de San Xián.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade