Galicia rexistra máis de 2.000 raios nunha xornada de treboadas e sarabia
Meteogalicia mantivo activado o aviso amarelo por choivas durante toda a tarde no interior da comunidade
A previsión de chuvias tormentosas de máis de 15 litros por metro cadrado nunha hora activou o aviso amarelo no interior da comunidade durante toda a tarde. Segundo Meteogalicia, nas últimas 24 horas rexistráronse 2.051 raios.
Por mor das treboadas, a Xunta tamén activou a alerta laranxa no centro e no sur da provincia de Lugo. Foron 38 os concellos nos que se suspendeu, por precaución, o deporte en exteriores.
A causante desta situación foi unha DINA que se achegou dende o oeste. Nalgúns puntos, os chuvascos e as tronadas estiveron acompañados de sarabia.

Só se libraron da inestabilidade, o sur da provincia de Ourense e a faixa atlántica das provincias da Coruña e Pontevedra. O luns agardase unha xornada de transición.
As chuvias irán remitindo para dar paso xa o martes a un tempo solleiro e sen precipitacións.
