Publicador de contidos

Publicador de contidos

A chegada da calixe empeora a calidade do aire en Ourense

A chegada da calixe empeora a calidade do aire en Ourense

Segundo MeteoGalicia, a cidade rexistra un nivel regular de calidade do aire pola presenza de partículas en suspensión 

directo
G24.gal 27/02/2026 10:47

A chegada de calixe, partículas en suspensión procedentes do norte de África, a Galicia empeorou a calidade do aire na cidade de Ourense este venres.

Segundo datos de MeteoGalicia, a estación situada na rúa Gómez Franqueira rexistra un nivel regular de calidade do aire (amarelo) pola presenza de partículas en suspensión. Mentres, a calidade do aire do resto de Galicia é boa ou favorable.

A Dirección Xeral de Saúde Pública activou esta semana o protocolo de actuación ante a chegada a Galicia de partículas en suspensión procedentes do norte de África, principalmente nas provincias de Ourense e Lugo.

De acordo con os modelos preditivos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, isto pode provocar que en determinadas zonas de Galicia (sobre todo na provincia de Ourense e Lugo).

Consellos para encarar a calixe

Por este motivo, e para reducir o seu posible impacto na saúde, o departamento de Saúde Pública recomenda, ata que este episodio finalice e, sobre todo no caso da poboación sensible, limitar as actividades ao aire libre, como o exercicio intenso, pechar as portas e xanelas para evitar a entrada de po nos domicilios e usar máscaras e/o lentes en exteriores.

A poboación que pode verse máis afectada pola mala calidade do aire, debido á elevación das partículas en suspensión, son as persoas con enfermidades pulmonares ou cardiocirculatorias, principalmente asma ou EPOC, os anciáns, nenos e embarazadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade