Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un radar detecta un vehículo a 188 quilómetros por hora nunha zona de 70 en Sandiás

Un radar detecta un vehículo a 188 quilómetros por hora nunha zona de 70 en Sandiás

O condutor, un mozo de 19 anos, está citado para un xuízo rápido acusado dun delito contra a seguridade viaria

Control de velocidade por radar da Garda Civil de Tráfico Control de velocidade por radar da Garda Civil de Tráfico
G24.gal 04/03/2023 12:41

A Garda Civil de Tráfico de Ourense informa este sábado de que un mozo de 19 anos foi detectado en Sandiás (Ourense) mentres circulaba a 188 quilómetros por hora co seu turismo nunha zona limitada a 70.

Os axentes detectárono contra as 09:38 horas cun radar situado na estrada N-525 (Benavente-Santiago), no punto quilómetro 202, á altura do concello ourensán de Sandiás, na Limia.

Como consecuencia do exceso de velocidade, o condutor, veciño de Laza, enfróntase á acusación dun delito contra a seguridade viaria e foi citado para un xuízo rápido o 14 de marzo no Xulgado de Xinzo de Limia.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade