Un programa achega lectura aos enfermos do Hospital Lucus Augusti de Lugo
O programa leva por nome Libros Viaxeiros e creouse hai nove anos para facer que as persoas ingresadas estean entretidas durante o seu ingreso
Funciona cun grupo de voluntarios que se presenta nos cuartos para preguntarlles aos pacientes sobre as súas preferencias en canto a xénero, xa que levan exemplares moi diversos
A selección dos libros é o primeiro paso antes de ir aos cuartos para ofrecer lectura aos pacientes.
"É unha ferramenta que reduce o estrés hospitalario e é relaxante", manifesta a supervisora da área de Humanización do Hospital Lucus Augusti de Lugo, Gloria Enríquez.
A iniciativa dos Libros Viaxeiros comezou no 2016. Na actualidade hai voluntarios que antes foron usuarios deste programa.
Os libros son doados ou liberados, e hainos de todos os xéneros. Logo de presentarse, os voluntarios entran no cuarto de Juan, que agradece a visita.
Unha forma de acompañar a través das letras.