Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un condutor menor de idade ten un accidente na A-57 ao fuxir dun control

Un condutor menor de idade ten un accidente na A-57 ao fuxir dun control

O coche espetouse contra un valo de protección da autovía á altura do municipio de Vilaboa

O menor, que non posuía permiso de condución e circulaba a máis velocidade da permitida, escapaba dun control de alcol e drogas para evitar ser identificado

G24.gal 12/05/2025 11:20

Un condutor de 17 anos de idade, sen carné, viuse implicado nun accidente de tráfico cando fuxía dun control de alcol e drogas, e acabou impactando contra un valo de protección na autovía A-57.

O sinistro ocorreu pasadas as sete da mañá deste domingo, á altura do quilómetro 1.400 da autovía A-57, no termo municipal de Vilaboa, cando o coche que conducía o menor saíu da vía pola marxe dereita e chocou frontalmente contra o valo de protección.

Como consecuencia do impacto producíronse danos materiais de consideración tanto no vehículo como no valo, con dous tramos de valado e seis postes afectados.

O accidente produciuse ao fuxir o condutor, que non contaba con permiso de condución, para evitar ser identificado nun control, xa que circulaba a unha velocidade superior á permitida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade