Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren dúas persoas nun accidente de tráfico en Arzúa

Morren dúas persoas nun accidente de tráfico en Arzúa

O coche en que viaxaban as dúas vítimas bateu frontalmente contra un camión

G24.gal 12/12/2025 11:47 Última actualización 12/12/2025 14:39

Dúas persoas faleceron este venres nun accidente ocorrido na estrada N-547 ao seu paso polo concello de Arzúa. O sinistro produciuse contra as 11:00 da mañá, á altura do quilómetro 67.

O coche en que viaxaban as dúas vítimas bateu frontalmente contra un camión. Os falecidos son un home e unha muller de 72 anos. A Garda Civil investiga por que invadiu o carril contrario o vehículo en que viaxaban.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade