Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un morto e tres feridos graves nunha colisión frontal en Redondela

Un morto e tres feridos graves nunha colisión frontal en Redondela

Aínda que se investigan as causas do accidente, todo apunta a que o falecido puido sufrir unha indisposición previa á colisión

G24.gal 11/12/2025 21:06 Última actualización 12/12/2025 14:18

Unha persoa morreu e tres quedaron feridas nun accidente de tráfico ocorrido na tarde deste xoves na N-552, en Redondela. A vítima mortal, que conducía un Seat branco, invadiu o carril contrario da vía e colidiu frontalmente con outro coche, no que viaxaban unha parella e a sogra. Ata o lugar do accidente achegouse un operativo de emerxencias, que tivo que excarcerar un dos feridos. Os equipos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do condutor dun dos coches.

Os tres ocupantes do outro vehículo resultaron feridos de gravidade e tiveron que ser trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Aínda que se investigan as causas do accidente, todo apunta a que o falecido puido sufrir unha indisposición previa á colisión.Os veciños alertan da perigosidade desta curva en que xa houbo este ano tres sinistros graves e dous falecidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade