Cargando resultados...
Maruja Mallo, muller de Viveiro, artista universal
O seu recoñecemento internacional como pintora continúa crecendo 30 anos despois da súa morte
Viviu entregada a súa arte e é relacionada con figuras que van de Dalí a Andy Warhol, de Alberti a André Breton, de Neruda a Picasso
Maruja Mallo acabou convertida nunha das pintoras máis importantes do século XX
G24.gal
10/05/2025 13:30
Última actualización 09/05/2025 18:43
Foi unha artista fundamental da nosa vangarda, diva do surrealismo e cabeza visible das Sensombreiro. Puxo a muller en primeiro plano nun tempo en que iso era case impensable. Era unha máis entre Aberti, Dalí, Lorca e Buñuel.
"A súa vida era a identificación de arte e vida. Subordinou todo á súa arte e, entón, tivo unha vida un tanto peculiar", explica a catedrática de Arte Contemporánea María Victoria Carballo-Calero.
Maruja Mallo varreu fronteiras e acabou convertida nunha das pintoras máis importantes do século XX.