Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta pide a Segismundo García "reconsiderar" despedimentos e promete "máxima flexibilidade"

A Xunta pide a Segismundo García "reconsiderar" despedimentos e promete "máxima flexibilidade"

A deputada socialista Lara Méndez cargou contra o "modo antidemocrático" de actuar de Sargadelos e alertou de que outros nove empregados están coa "lupa posta encima"

O propietario de Sargadelos, Segismundo García/Carlos Castro / Europa Press O propietario de Sargadelos, Segismundo García/Carlos Castro / Europa Press
G24.gal 07/05/2025 18:50

O conselleiro de Emprego, José González, pide ao propietario de Sargadelos, Segismundo García, "reconsiderar" os tres despedimentos que realizou na fábrica de Cervo (Lugo).

Tamén compromete a "máxima flexibilidade" para facer obras correspondentes, tendo en conta que se trata dun edificio protexido como Ben de Interese Cultural (BIC), así como "respectando dereitos laborais".

No pleno do Parlamento, a deputada socialista Lara Méndez cargou contra o "modo antidemocrático" de actuar desta empresa, "máis propio doutros tipos de réxime", cun dono que botou tres traballadoras "sen ningún motivo".

Alerta de que outros nove empregados están coa "lupa posta encima".

O conselleiro avogou por mediar nesta cuestión con "rigor, seriedade e discreción". Unha cuestión que contrapuxo cun PSdeG que decidiu "protagonizar unha performance en propiedade privada de Sargadelos", en alusión a un incidente no que Segismundo García requiriu a socialistas que saísen da súa propiedade en Cervo.

"Non invadan propiedades privadas", aconsellou González aos socialistas.

Incide en "implantar a flexibilidade permitida pola lexislación" para emendar as deficiencias detectadas en Sargadelos. Ademais, di "lamentar" ter que responder sobre despedimentos, polo que require a Segismundo García "reconsiderar" esa decisión.

 "Se un empresario, cumprindo a lexislación laboral, decide despedir os traballadores, que é o que se pode facer desde o punto de vista da autoridade laboral?", agregou.

Na súa quenda de réplica, a deputada socialista censurou que o conselleiro tache de "performance" que o PSdeG acudise a Cervo a "defender" o emprego dos traballadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade