Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha porca brava, de paseo por Teo

Unha porca brava, de paseo por Teo

Visitou en varias ocasións o núcleo da Casalonga 

Leva nas orellas os crotais que identifican os animais de granxa

 

G24.gal 21/05/2025 14:57

Empeza a ser habitual documentar as visitas dos xabarís aos núcleos urbanos. Pero a porca brava que visita A Casalonga ten algo de especial. O primeiro, porque os que a viron din que de brava non ten nada.

A segunda e máis destacada rareza é que leva crotais nas orellas, un amarelo e outro azul, algo insólito nun animal salvaxe. Por iso hai quen pensa que puido escapar dunha granxa, onde o teñen por porco ou por porcoril.

Tamén hai quen aposta por algún programa de investigación ou control da fauna salvaxe. Aínda que en tal caso o habitual é poñer un GPS e non un crotal.

Malia que non provocou incidente ningún, algúns veciños temen que foce nas leiras dos poucos que aínda cultivan as hortas, coma xa sucedeu con outros xabarís na contorna.

Os veciños avisaron a Policía Local de Teo e a Protección Civil que se achegaron á zona pero non a deron localizado. Haberá que agardar a que volva para facer unha foto máis definida coa que desvelar a orixe dos seus misteriosos crotais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade