Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un policía fóra de servizo salva a vida dunha peregrina en Padrón

Un policía fóra de servizo salva a vida dunha peregrina en Padrón

A muller atragoárase cun anaco de carne e o axente fíxolle a manobra de Heimlich

"A vocación é como unha chispa que che sae e actúas sen dubidar"

G24.gal 07/10/2025 14:16

Un rapaz apuñalado en Vilagarcía, unha muller que intentou suicidarse en Corrubedo..., non é a primeira vez que este axente lle salva a vida a alguén. Pero desta volta non estaba de servizo, senón comendo coa familia nun asador de Padrón.

"Estabamos gozando da comida e de súpeto na mesa de atrás había seis peregrinas que pedían auxilio. Cando nos xiramos vimos a unha señora con síntomas de afogamento, beizos azuis, e empezando a perder a consciencia", comenta Diego Vilouta, policía nacional de Ribeira.

A muller, unha peregrina inglesa duns 60 anos, atragoárase cun anaco de carne. Estaba ao bordo da asfixia e Diego actuou sen pensalo dúas veces.

"Non dubidei, lle fixen a manobra de Heimlich dúas veces. Na primeira non expulsou nada, pero na segunda xa botou a carne que a estaba asfixiando".

Puido rematar o Camiño grazas á rápida intervención de Diego, que actuou axudado pola formación en primeiros auxilios que reciben os axentes e unha vocación que non descansa.

"É como unha chispa que che sae e che fai actuar, non dubidas, actúas e xa está. E, claro, a satisfacción persoal é brutal. Salvarlle a vida a unha persoa é algo que da unha satisfacción enorme".

Satisfacción persoal e orgullo para os compañeiros, que desde o sindicato CEP propoñen condecoralo co seu ingreso na orde do mérito policial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade