Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un garda civil fóra de servizo salva un home que se atragoou nun restaurante en Nigrán

Un garda civil fóra de servizo salva un home que se atragoou nun restaurante en Nigrán

David Sánchez, sarxento no cuartel de Vigo, fíxolle a manobra de Heimlich e tras uns segundos críticos o home recuperou progresivamente a respiración

 

 

 

G24.gal 28/01/2026 13:53

Sucedeu nun restaurante de Nigrán onde viviron momentos de moita tensión cando un octoxenario, cliente habitual do local, se atragoou mentres comía.

A rápida actuación dun garda civil fóra de servizo que tamén estaba no restaurante coa súa familia foi determinante para salvarlle a vida.

David Sánchez, sarxento no cuartel de Vigo, explica que se deu conta de que algo pasaba cando un mozo se levantou e achegouse a un home que parecía atragoado. Non reaccionaba aos golpes na costas que lle deron, non podía beber líquido e xa non respiraba presentando un estado de cianose. O garda civil comezou a facerlle a manobra de Heimlich e tras uns segundos críticos o home expulsou o resto dunha pataca que lle causaba a asfixia e recuperou progresivamente a respiración.

O propietario do restaurante, Mario Pérez, destacou que foi unha sorte que o garda civil, que sabía como practicar a manobra, estivera no local e que todo saíra ben.

David Sánchez manifestou a satisfacción persoal que producen este tipo de actuacións, pero restoulle importancia. Di que calquera persoa tentaría axudar e que a súa profesión deulle a serenidade e o coñecemento para facelo afortunadamente con éxito.

Porén, os propietarios do restaurante e a vítima do atragoamento non van esquecelo nunca. Din que a vítima tivo un "santo" ao carón que lle salvou a vida. O home atragoado recuperouse sen complicacións e acudiu ao cuartel da Garda Civil para agradecer persoalmente unha actuación que lle salvou a vida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade