Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un pizzeiro de Ourense elabora a mellor pizza napolitana de España

Un pizzeiro de Ourense elabora a mellor pizza napolitana de España

Galardoada no campionato nacional do Salón Gourmet de Madrid

G24.gal 26/04/2023 21:12 Última actualización 26/04/2023 21:36

Para os amantes da comida italiana, hai un lugar en Ourense que pode presumir de facer unha das mellores pizzas de España. No campionato nacional do Salón Gourmet de Madrid elixiron a súa pizza como a mellor na sección napolitana. Un prato elaborado de xeito tradicional e cuxo segredo, aseguran, está en dar co punto de cocción axeitado.

"Se o penso aínda se me pon a pel de pita, emociónome aínda pensando en cando dixeron os xuíces que eu gañara a categoría napolitana, foi unha emoción única. Creo que xa queda dentro do corazón e non se dá quitado máis", lembra o pizzeiro Alberto Bracone.

A emoción enténdese tendo en conta que no Salón Gourmet competían este ano centos de pizzeiros chegados de toda España. E sendo do sur de Italia, a súa especialidade non podía ser outra que a pizza napolitana. 

"É característica pola masa: é fina e o bordo máis ancho pero baleiro por dentro, cheo de aire, ten que ter alvéolos porque ten que ser unha pizza cun bordo máis grande pero lixeira de comer", explica Alberto Bracone.

E por riba, os mellores ingredientes da súa terra: tomates confeitados chegados de Nápoles, a mellor das mozzarellas e unhas follas de alfábega. 

"Cando a vin a primeira vez que fixen probas aquí, a primeira cousa que pensei foi: que guapa quedou a pizza! Entón quedoulle o nome A Guapa".

Este galardón ábrelle ademais unha nova oportunidade: o próximo ano formará parte da selección que representará a España no campionato do mundo de pizza gourmet.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos