Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un pianista de Coles en Oriente Medio

Un pianista de Coles en Oriente Medio

Luis Humberto, músico e aventureiro, sacou nos anos 70 a praza de pianista do Hilton de Teherán

Personalidades da época como Henri Kissinger, Aristóteles Onassis ou Sofia Loren escoitárono ao piano

Luis Humberto ao piano no Liceo de Ourense
G24.gal 31/01/2024 21:36 Última actualización 31/01/2024 22:06

Sentarse ao piano é para Luis Humberto abrir un torrente de imaxes, de recordos dunha vida itinerante coa música como única constante.

"O piano é a miña vida, o que me fixo viaxar e coñecer mundo".

Todo comezou en Coles, hai 76 anos. Naceu rodeado de música e escolleuna para a vida. Iniciouse profesionalmente en Mondariz, pero pronto deu o salto a Oriente Medio: "Eramos novos, de 20 anos, nunha España en branco e negro. Tiñamos ilusión por ver o descoñecido".

Empezaron por Beirut. Despois Abadán, Bagdad...  No Hotel Hilton de Teherán sacou a praza de pianista. "Era unha cidade moderna e moi occidentalizada", explica.

Tocou para Liz Taylor... para Sofia Loren... Henry Kissinger ou Frank Sinatra.

"No Hilton, cando acababa de cear, Frank Sinatra viña alí comigo a cantar e eu acompañábao", recorda.

Tamén viviu momentos históricos. De Chipre fuxiu coa invasión turca, e cando marchou de Irán xa se empezaba a xerar a revolución islámica.

Trinta e cinco anos na Toxa

Recalou no Gran Hotel da Toxa, onde pasou a maior parte da súa vida laboral. Do traballo xa se xubilou, pero a música ségueo acompañando cada día.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade