Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un pesqueiro galego á valga no Gran Sol con danos eléctricos por un golpe de mar

Un pesqueiro galego á valga no Gran Sol con danos eléctricos por un golpe de mar

A tripulación non sufriu dano ningún

Outro barco galego remólcao cara a un porto irlandés

G24.gal 31/10/2021 13:39

O pesqueiro galego Armaven Tres que faena no Gran Sol sufriu esta noite unha avaría causada polo mal tempo que o deixou á valga. A tripulación non sufriu dano ningún, segundo confirmou o armador este domingo.

Un golpe de mar escachou os cristais da ponte e danou o sistema electrónico do barco vigués, que se mantén en perfectas condicións de seguridade.

Outro buque galego, o Piedras, estao remolcando agora cara ao porto irlandés de Castletown onde avaliarán os danos.

A tripulación permanece a bordo. 
 


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade