Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un parcial final de 18-0 priva o Obradoiro de pelexar a vitoria en Zaragoza (98-79)

Un parcial final de 18-0 priva o Obradoiro de pelexar a vitoria en Zaragoza (98-79)

Os santiagueses estaban un punto abaixo a 4:16 do final, pero non volveron anotar

Foto: EFE
G24.gal 06/04/2024 18:54

Un remate de partido desastroso privou o Obradoiro dun triunfo esencial para fuxir do descenso en Zaragoza, nun partido en que se mantivo con opcións ata eses catro últimos minutos inexplicables.

O Obradoiro saíu forte e gozou das primeiras vantaxes no marcador de ata cinco puntos no primeiro cuarto. Pero dúas triplas de González e un mate de Yusta colocaban por diante aos locais. A igualdade e as alternancias no marcador foron a tónica do primeiro cuarto. Todo o contrario do que aconteceu a seguir.

No segundo parcial, que comezou cun 27 a 23, o Zaragoza foi ampliando a súa vantaxe ata colocarse doce puntos arriba, a súa máxima diferenza. Foi con dúas triplas consecutivas de McFadden, que deixaba o 41 a 28. Pero o tempo morto de Moncho Fernández tivo efecto, e un parcial de 1-13 a prol dos galegos devolvíalles a igualada. Unha canastra de Kravic deixou o resultado dous arriba dos locais no descanso (48-46).

Unha tripla de Timma inaugurou o terceiro cuarto, que foi do Obradoiro grazas a un parcial de saída de 0-8. O Zaragoza reduciu esa renda a o partido mantíñase igualado ata a última pausa, á que se chegou con catro puntos de diferenza (68-72). 

No 4º cuarto, o Obradoiro mantivo a mínima vantaxe, pero un parcial de 12-2 obrigaba a Moncho Fernández a pedir tempo co 78 a 74. E, a partir de aí, o equipo galego non atopou solucións. Dotson puxo a un aos seus cunha tripla, pero chegouse ao treito decisivo cun parcial de 16-0 que sentenciou o choque. Entre Kravic, Smith e Sulejmanovic anotaron eses dezaseis puntos decisivos, que privaron ao Obradoiro de pelexar no minuto final por un triunfo que o tería afastado do descenso. Aínda anotou unha canastra Bell Haynes para deixar ese parcial definitivo en 18-0.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos