Un outono seco será a continuación do verán máis caloroso nos últimos 60 anos
A Axencia Estatal de Meteoroloxía prevé menos chuvias das habituais en Galicia nos próximos 3 meses
Está a ser un verán longo de case 4 meses de duración, con marcas históricas de temperaturas e de vagas de calor.
Estes últimos días do verán están a resultar tamén bastante calorosos en Galicia e, segundo os datos que manexa a Axencia Estatal de Meteoroloxía, as cousas non van cambiar tanto cando chegue o outono.
As previsións apuntan a que seguiremos por riba dos valores medios habituais.
O outono meteorolóxico comeza este venres 23 de setembro e farao seguindo a tendencia que deixa o verán máis caloroso dos últimos 60 anos. Hoxe moitas localidades de Galicia rozaron os 30 graos e a sensación de calor durante a tarde invita a relaxarse a sombra ou gozar dun baño.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía fala dunha gran fiabilidade para estas previsións e destaca os valores por riba do habitual que se agardan en canto a temperaturas na vertente mediterránea e de tempo seco no cadrante do noroeste peninsular.
E esas altas temperaturas foron sen dubida as causantes esta tarde na zona ourensá do Padornelo dunha treboada con pedrazo como o que ven nestas imaxes.