Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ourensán recibe o Premio Nacional de FP ao mellor expediente académico

Un ourensán recibe o Premio Nacional de FP ao mellor expediente académico

O home empezou a estudar con 40 anos de idade

Especializouse no sector forestal, no que xa traballa

G24.gal 09/02/2022 20:41

Xesús percorre o río comprobando o estado das árbores da cauce. É o seu novo traballo despois máis de vinte anos dedicado ao fotoxornalismo.

Con corenta anos feitos sentiu a chamada da natureza e decidiu formarse no sector forestal. Logo de dous cursos compaxinando os estudos co seu emprego de fotógrafo de prensa, conseguiu ter o mellor expediente académico de toda España.

Xesús asegura que nunca é tarde para cambiar de vida e de traballo e que a formación é moito máis doada se un se orienta hacia aquelo que máis lle gusta.

Di estar satisfeito dos anos que pasou traballando na prensa pero que nada é comparable á sensación de desenvolver o seu labor en plena natureza e sendo consciente de que o que fai é beneficioso para a sociedade.

Galicia concentra só o 5% dos alumnos de FP de España pero obtivo o 17% dos premios aos mellores expedientes académicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade