Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un ourensán colecciona radios antigas, ten máis de 400

Un ourensán colecciona radios antigas, ten máis de 400

No centro comercial Ponte Vella de Ourense pódense ver algunhas das máis de 400 radios e gramófonos que ten Severino Bermello

Están todas en funcionamento e a máis antiga está datada no 1924

G24.gal 13/02/2023 14:12

Severino Bermello traballa cada día coas súas radios, ten o seu taller en Maside. Comezou con esta paixón de ben novo en San Sebastián e sesenta anos despois continúa.

Leva arranxadas máis de 400 despois de percorrer medio mundo buscando pezas.

Ten radios de galena das máis antigas, tamén radios de lámpadas que precisaban de cascos para poder escoitarse, e moitas testemuñas de feitos históricos, como unha que se empregou na guerra fría polos rusos ou unha que foi empregada polos guerrilleiros da Unita na independencia de Angola.

A máis antiga que ten data do 1924. Severino expón a súa mostra ata mediados do mes de marzo no centro comercial Ponte Vella de Ourense, que se completa con gramófonos e tocadiscos que amenizaron os 'guateques' dos anos sesenta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade