Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un oso pardo déixase ver nos Ancares a pleno día

Un oso pardo déixase ver nos Ancares a pleno día

O animal foi visto e gravado por un veciño de Cervantes cando atravesaba unha estrada

G24.gal 24/08/2023 12:53

Un oso pardo camiñando a pleno día por unha estrada dos Ancares. Así foi visto e gravado por un veciño de Cervantes. Topouse con el na parroquia de Vilarello e puido gozar de ver este gran animal que acabou perdéndose entre as matogueiras monte abaixo.

Segundo Protección Civil non é un feito illado. Aseguran que nos últimos días viron outro exemplar nunha zona lindeira.

A Fundación Oso Pardo confirma unha presenza cada vez maior desta especie nas montañas do Courel e dos Ancares, onde hai rexistrados sete exemplares. Todos eles son machos novos que chegan mesmo a zonas frecuentadas por humanos en busca de comida.

Os consellos en caso de atoparse cun animal coma este pasan por, se van andando, facerse notar sen grandes acenos e, se van en coche, frear, poñer as luces de emerxencia e esperar a que o oso abandone a estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade