Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un novo xeito de facer turismo en apartamentos flotantes

Un novo xeito de facer turismo en apartamentos flotantes

Están feitos en Galicia e permiten gozar do estilo de vida dos mariños, pero con todas as comodidades dunha vivenda convencional

G24.gal 11/05/2022 14:39

Pasar unhas vacacións ou mesmo vivir todo o ano a bordo dun barco é algo bastante común en zonas do Mediterráneo, e noutros lugares do mundo, pero é unha novidade aquí.

No porto de Sanxenxo, acaba de atracar o Atlantis. Construído nun estaleiro do Porriño é un dos primeiros apartamentos flotantes de Galicia. 

Estará, en breve, dispoñible para alugar por días, semanas, meses, ou mesmo por todo o ano se hai alguén disposto a ensaiar o estilo de vida dos mariños cando amarran. O buque non está destinado á navegación, pero móvese, navega para, por exemplo, baleirar as augas residuais.   

O Atlantis poderá reservarse en redes e nas plataformas de alugueiro turístico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade