Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un neno, transplantado no CHUAC tras dous meses conectado a un corazón artificial

Un neno, transplantado no CHUAC tras dous meses conectado a un corazón artificial

É a primeira vez que se aplica esta técnica en España a un menor

O rapaz é de Córdoba e sufrira un síncope cando estaba de vacacións en Vigo

G24.gal 11/10/2022 20:58 Última actualización 11/10/2022 21:39

Un neno cordobés de 14 anos sae de facer unha revisión no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña onde o 7 de setembro lle puxeron un corazón novo.

Este verán, cando estaba de vacacións en Vigo, sufriu unha síncope. Precisaba un transplante e ata que chegou o órgano, mantivérono con vida conectado a un corazón artificial.
 

"A vantaxe principal é o tempo que o neno está en espera. Neste caso estivo esperando dous meses, desperto, na UCI e acompañado", explica o doutor Velasco, cirurxián cardíaco do CHUAC.

Esta técnica de asistencia ventricular minimamente invasiva xa se utiliza con adultos con problemas cardíacos graves, pero nunca antes en España se lle aplicara a un menor. 

A nai explica que para o rapaz a espera foi moi dura porque estaba moi limitado sen poder mover parte do corpo.

"Non é o mesmo que estar esperando na casa a que te chamen para dicirche que chegou un corazón".

Pero tamén foi dura a espera para a familia que tivo que pasar meses a quilómetros de distancia da súa vida en Córdoba. Ao proceder doutra comunidade activouse o protocolo de acollida que financia a Fundación Jove. 

"Vives nun medo continuo. Cando che din que chegou o momento tes unha alegría inmensa e ao mesmo tempo un medo terrible", conta o pai.

Están moi agradecidos ao equipo de cirurxía cardíaca infantil do CHUAC.

 "Ao ser os primeiros pregúntaste a ver que vai pasar aquí, pero déronos moita confianza de que todo ía saír ben e a recuperación ía ser rápida como así foi".

Ao seu fillo déronlle a alta hospitalaria dez días despois de facerlle o transplante de corazón.   Agora volve ao CHUAC facer as súas revisións médicas pero segundo os pais xa está moi mellorado e collendo forma física para poder volver correr e xogar ao fútbol.

 
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade