Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mozo queda pendurado unha hora das vigas dun edificio en ruínas en Ourense

Un mozo queda pendurado unha hora das vigas dun edificio en ruínas en Ourense

O chan cedeu e quedou atrapado ata que puideron rescatalo

As súas amizades estivérono amarrando para que non caese ao baleiro

Os bombeiros de Ouirense tiveron que intervir para rescatar o mozo
G24.gal 06/01/2022 14:28

O suceso ocorreu nun edificio en ruína na rúa Pizarro, na zona vella de Ourense. Foi contra as tres desta madrugada de Reis, cando un mozo de 26 anos entrou no edifico,  ao parecer para mexar. Subiu cunha amigos ao piso de arriba cando o chan cedeu quedou atrapado entre as vigas.

As súas amizades actuaron rapidamente,  amarrárono de pés e brazos para que non caese ao baleiro. Despois suxeitárono os axentes da Policía Local e así pendurado estivo máis dunha hora ata que o equipo de bombeiros da cidade o puido liberar. O mozo foi trasladado en ambulancia ao hospital de Ourense, ía magoado, pero por sorte, todo quedou nun susto e estaba en bo estado, malia a aparatosidade do seu accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade