Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un motorista ferido grave nun accidente en Ourense

Un motorista ferido grave nun accidente en Ourense

Colidiu cun turismo na Nacional 120 no barrio do Pino

G24.gal 06/05/2022 21:29

Un motorista quedou hoxe ferido en Ourense nun accidente acontecido preto das cinco da tarde na Nacional 120, á altura do barrio do Pino.

Por causas que a Policía Local investiga, a moto colidiu cun turismo que circulaba no mesmo sentido, o condutor do coche quedou ileso pero o home que ía na moto caeu sufrindo feridas graves.

Axiña chegaron os bombeiros de Ourense ao lugar do sinistro, despexaron a vía e atenderon o motorista ata que chegou a ambulancia que o trasladou ao hospital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade