Cargando resultados...
Un morto e tres feridos graves nun accidente en Vigo
No sinistro, ocorrido en Coruxo, víronse implicados dous coches e unha moto
G24.gal
25/01/2024 20:53
O sinistro ocorreu arredor das sete e media da tarde na estrada PO-325, preto da estación de servizo de Coruxo.
Por causas que se descoñecen, un coche e unha moto chocaron de fronte. Como resultado do impacto, o coche chocou contra outro vehículo.
O condutor da moto faleceu no momento. Tres ocupantes dos outros vehículos están feridos graves.