Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un morto e 35 feridos ao colidir dous autobuses e un turismo en Granada

Un morto e 35 feridos ao colidir dous autobuses e un turismo en Granada

O falecido é o condutor dun dos autocares e sete persoas están graves

A maioría ía a Cádiz para cruzar a Marrocos durante a operación Paso do Estreito

G24.gal 03/07/2022 19:53 Última actualización 03/07/2022 21:11

Nesta fin de semana de moito movemento nas estradas, o accidente máis grave ocorreu nunha autovía de Granada. Unha persoa morreu e 35 quedaron feridas ao colidir dous autobuses e un turismo.

O falecido é o condutor dun dos autocares. Entre os feridos hai sete que están graves. A maioría dos pasaxeiros son estranxeiros que se dirixían a Cádiz, para cruzar a Marrocos durante a operación Paso do Estreito.

Sucedeu ao redor das seis da mañá. No 112 recibiron varias chamadas alertando dun accidente na autovía A-92, en Granada, unha colisión entre dous autocares e un turismo. Varios dos ocupantes dos vehículos, algúns feridos, estaban atrapados no interior.

"Un coche parou no medio da autovía, o chofer dun autobús freou un pouco, o outro viña rápido e pegoulle", conta un pasaxeiro do autobús alcanzado.

"Un alcance entre dous autobuses e un turismo, colidiron entre eles co resultado dunha persoa morta e varios feridos graves e leves", explica o xefe do Subsector de Tráfico de Granada

O falecido é o condutor dun dos autobuses. Entre os 35 feridos hai sete que están graves. Ata o lugar desprazáronse gardas civís, persoal do 061, Protección Civil e os bombeiros. Os feridos foron trasladados ao hospital e os pasaxeiros que saíron ilesos, a un hotel próximo ao lugar do accidente.

"Intervimos sobre todo no auxilio e no trato e realizamos un desvío da estrada, pero sen incidencias destacables para o tráfico".

A circulación por este punto da autovía estivo cortada durante seis horas. A Garda Civil investiga agora as causas do accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar