Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pedro Sánchez reafírmase en seguir "a pesar das pedras no camiño" logo da condena a Ábalos

Pedro Sánchez reafírmase en seguir "a pesar das pedras no camiño" logo da condena a Ábalos

O xefe do Executivo xustifica a continuidade "para mellorar a vida da xente, para ampliar e consolidar dereitos sociais e para construír unha España máis xusta e mellor"

O Goberno destinará 2.218 millóns de euros extra para dependencia, "o maior investimento da historia democrática"

Pedro Sánchez intervén nun encontro sobre políticas de apoio á discapacidade e a dependencia (EFE/Daniel González) Pedro Sánchez intervén nun encontro sobre políticas de apoio á discapacidade e a dependencia (EFE/Daniel González)
G24.gal 23/06/2026 10:23

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, afirmou este martes que o seu Executivo continúa adiante para  mellorar a vida da xente"a pesar de todas as dificultades e das pedras no camiño".

Sánchez defendeu a continuidade do seu Goberno na súa intervención nun encontro sobre políticas de apoio á discapacidade e a dependencia e no medio de novas peticións de dimisión por parte da oposición tras a sentenza do caso máscaras polo que o Tribunal Supremo condenou a 24 anos de prisión ao exministro José Luis Ábalos.

O líder do Executivo anunciou que na reunión do Consello de Ministros deste martes vai aprobar un real decreto lei co maior investimento en dependencia da democracia, un total de 2.218 millóns extras.

Esa decisión dixo que fai desta xornada un deses días que lembran por que merece a pena dedicarse ao servizo público.

"E a quen se pregunta por que este Executivo quere continuar a pesar de todas as dificultades e das pedras no camiño, a resposta é esta, a resposta esta aquí", engadiu.

E esa resposta é que o Goberno segue, dixo, "para mellorar a vida da xente, para ampliar e consolidar dereitos sociais e para construír unha España máis xusta e mellor".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade