Un morto e 24 feridos nun incendio no Hospital Universitario San Carlos de Madrid
O lume, cuxas causas se están investigando, iniciouse na planta de psiquiatría e o falecido é un home de 68 anos que estaba ingresado nesa área sanitaria
O incendio no hospital madrileño de San Carlos orixinouse nun cuarto da quinta planta que corresponde á área de Psiquiatría. O lume causou un morto e 24 feridos.
O falecido era un home de 68 anos que estaba ingresado só nese cuarto. As causas do lume, que se iniciou contra a unha da noite, aínda se están investigando.
Outras 24 personas máis, entre os que hai policías, membros de seguridade do centro e persoal de enfermería, foron atendidas por inhalación de fume, pero xa lles deron de alta a todos.
Ademais, 17 pacientes da planta tivieron que ser trasladados a outras áreas do centro.
O lume non afectou ningunha zona fóra do cuarto grazas á rápida actuación do equipo de primeira intervención do hospital e a dos bombeiros.