Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un moi mal segundo cuarto condena ao Breogán en Manresa (104-99)

Un moi mal segundo cuarto condena ao Breogán en Manresa (104-99)

Os de Luis Casimiro apañan a novena derrota do curso, e quedan igualados cos 6 triunfos do Baxi

Foto: ACB
G24.gal 10/01/2026 23:14

O Breogán caeu na súa visita ao Nou Congost. Avisara o seu técnico na previa que tiñan que igualar a intensidade do Baxi Manresa se querían acadar a sétima vitoria. E, durante moitos treitos do partido, así o fixeron. O problema máis grande chegou no segundo cuarto, logo dun período inicial que rematou 28 a 23. Ese segundo rexistrou un 34 a 15, cun Obasohan imparable. Anotou 14 puntos, mailos 7 do primeiro parcial para marchar ao descanso con 21, mentres todo o Breogán sumaba 38.

Os 62 puntos encaixados nesta primeira metade foron unha lousa para os galegos que, malia a todo, reaccionaron tras o descanso e volvéronse meter no partido.

O terceiro parcial gañárono por 20 a 30, encabezados polos 10 puntos de Cook. E, no último cuarto meteron o medo no corpo do Nou Congost. Despois de ir arredor dos dez puntos abaixo medio parcial, comezaron a achegárense, colocándose 100-96 a falta de medio minuto. Non puideron culminar a reacción, e caeron por 104-99 nun final máis apertado do agardado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade