Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un milleiro de postos animan unha Feira de Santos de Monterroso sen gando

Un milleiro de postos animan unha Feira de Santos de Monterroso sen gando

A Xunta suspendeu todos os eventos con gando pola dematose nodular contaxiosa que afecta o vacún

Con máis de 800 anos de historia, a cita congrega máis de 20.000 visitantes cada primeiro de novembro
 

G24.gal 01/11/2025 09:19 Última actualización 01/11/2025 19:06

A Feira de Santos de Monterroso, unha das máis antigas e emblemáticas de Galicia, celébrase este sábado 1 de novembro sen mercado gandeiro para protexer os animais da dermatose nodular contaxiosa. 

Malia a medida adoptada pola Xunta, que suspendeu todos os eventos con gando pola doenza vírica que afecta o vacún, o concello confirmou a participación de máis dun milleiro de expositores que ofrecen produtos de tempada e artesanía.

"O único que non vai ter actividade é o mercado de gando, pero o forte, o gordo da feira celebrarase exactamente igual", aseguraba esta semana o alcalde do municipio, Eloy Pérez.

Con máis de oito séculos de historia, a orixe desta feira remóntase ao século XIII. Grazas á súa importancia como motor comercial e cultural, continúa viva e cada ano recibe máis de 20.000 visitantes.

Extremar as medidas preventivas

Durante a súa visita á feira, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, recomendoulle aos gandeiros extremar as medidas preventivas coa dermatose nodular contaxiosa.

Segundo dixo, confía no posible futuro proceso de vacinación e non descarta que se tomen máis medidas en función da evolución da enfermidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade